Procedemento admisión ciclos

Está publicado o procedemento completo de admisión aos ciclos formativos. Recomendamos consultar o texto completo anque os aspectos mais importantes son os seguintes:

– Prazo ordinario: do 17 de xuño ao 4 de xullo
– Prazo extraordinario: do 1 ao 12 de setembro.
– Deberán facer admisión todo alumnado (ben que acceda de novo a un ciclo, alumnado que non promocione a 2º ou alumnado que sí promocione a 2º)
– Documentación:
NOVO INGRESO

  1. anexo I, para CM (entrégase na conserxería ou na páxina web de fp)
  2. anexo II, para CS(entrégase na conserxería ou na páxina web de fp)
  3. fotocopia do DNI
  4. documentación que acredite a admisión no ciclo (certificación oficial da titulación ou dos estudos requiridos para o acceso, copia compulsada do certificado da superación da proba de acceso aos ciclos formativos, copia compulsada de ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos)
  5. certificado de minusvalidez para persoas discapacitadas
  6. resolución do consello superior de deportes para deportistas de alto nivel

PROMOCION DE 1º A 2º

  1. anexo III, para CM (entrégase na conserxería ou na páxina web de fp)
  2. anexo IV para CS(entrégase na conserxería ou na páxina web de fp)

REPETIDOR

  1. Anexo I (CM) ou anexo II (CS) para repetir primeiro
  2. Anexo III (CM) ou anexo IV (CS) para repetir segundo