Probas libres para obtención títulos FP (LOE). Curso 2015-2016

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na citada Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

Requisitos das persoas solicitantes

Cumprir os requisitos de acceso establecidos no artigo 36º do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia (para ciclos medios, ESO ou proba de acceso; para ciclos superiores, bacharelato da LOE ou da LOXSE, ou proba de acceso), e ademais:

– Ter 18 anos, para optar aos títulos de técnico

– Ter 20 anos, para optar aos títulos de técnico superior, ou 19 anos no caso de posuír xa o título de técnico

Malia o anterior, coa finalidade de facilitar a formación permanente, a integración social e a inclusión de persoas e de grupos desfavorecidos no mercado de traballo, se houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas dos módulos profesionais asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais as persoas adultas que, sen cumpriren as condicións de acceso, teñan acreditada:

– Experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente.

Con carácter xeral, non estar matriculado/a en ciclos formativos de formación profesional nin ter causado baixa no correspondente curso académico.

Excepcionalmente, no caso de que houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas as persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas para a superación dos módulos profesionais do mesmo ciclo formativo, sempre que os teñan suspensos de cursos académicos anteriores e non se atopen matriculadas neles no curso académico de realización da proba.

Non estar en posesión dun título de formación profesional declarado equivalente ao correspondente título de formación profesional establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, obxecto da proba.

Lugar de presentación de solicitudes

As solicitudes de inscrición para participar nas probas libres de formación profesional presentaranse na secretaría de calquera centro público en que se oferten probas libres para a obtención de títulos LOE, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.

Documentación relacionada

  • Impreso de solicitude para as probas libres a ciclos formativos de formación profesional (anexo I)
  • Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, do Instituto Social da Mariña ou da mutualidade laboral en que se teña afiliación, onde conste a empresa, o grupo de cotización e o período de contratación (vida laboral)
  • Certificación da empresa en que se adquirira a experiencia laboral, que reflicta especificamente a duración dos períodos de prestación de servizos, a categoría laboral, a actividade desenvolvida, o período en que se realizara a devandita actividade e os ciclos formativos relacionados (anexo II)
  • Se quen solicita xa ten módulos superados do ciclo formativo, deberá presentar a correspondente certificación acreditativa
  • Se ten 19 anos e un título de técnico, deberá presentar o depósito do título de técnico (só no caso de solicitar ciclos formativos de grao superior)
  • Se solicita adaptación da proba por recoñecemento de necesidades educativas especiais, xuntará o certificado do recoñecemento do grao de minusvalidez e ditame técnico facultativo
  • Impreso de solicitude de matrícula, que deberá presentarse logo de resultar admitido/a e durante o período establecido

Prazo de solicitude de admisión

Unicamente poderá presentar a solicitude de admisión quen cumpra os requisitos de acceso no período da inscrición.
O prazo de presentación de solicitudes de admisión é o seguinte (período ordinario): do 18 ao 29 de abril de 2016 ata as 13:00 h.

Oferta de prazas para a realización das probas libres de ciclos formativos LOE. Curso 2015-2016. IES CHAN DO MONTE

Grao medio CMCOM01 Actividades comerciais

Módulos profesionales :Aplicacións informáticas para o comercio 10 MP1231 Dinamización do punto de venda 10 MP1236 Formación e orientación laboral 10 MP0156 Inglés 10 MP1226 Marketing na actividade comercial 10 MP1232 Procesos de venda 10 MP1229 Xestión de compras  de ciclos .

CMIMA02 Instalacións de produción de calor

Módulos profesionales : MP0395 Empresa e iniciativa emprendedora 10 MP0394 Formación e orientación laboral 10 MP0038 Instalacións eléctricas e automatismos 10 MP0036 Máquinas e equipamentos térmicos 10 MP0037 Técnicas de montaxe de instalacións 10

CMIMA01 Instalacións frigoríficas e de climatización

Módulos profesionales : MP0039 Configuración de instalacións de frío e climatización 10 MP0044 Empresa e iniciativa emprendedora 10 MP0043 Formación e orientación laboral 10 MP0038 Instalacións eléctricas e automatismos 10 MP0036 Máquinas e equipamentos térmicos 10 MP0040 Montaxe e mantemento de equipamentos de refrixeración comercial 10 MP0042 Montaxe e mantemento de instalacións de climatización, ventilación e extracción 10 MP0041 Montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas industriais 10 MP0037 Técnicas de montaxe de instalacións 10

CMIFC01 Sistemas microinformáticos e redes

Módulos profesionales: MP0223 Aplicacións ofimáticas 10 10 MP0228 Aplicacións web 10 10 MP0230 Empresa e iniciativa emprendedora 10 10 MP0229 Formación e orientación laboral 10 10 MP0221 Montaxe e mantemento de equipamentos 10 10 MP0225 Redes locais 10 10 MP0226 Seguridade informática 10 10 MP0227 Servizos en rede 10 10 MP0224 Sistemas operativos en rede 10 10 MP0222 Sistemas operativos monoposto 10 10

CMADG01 Xestión administrativa

Módulos profesionales : MP0437 Comunicación empresarial e atención á clientela 10 10 MP0439 Empresa e administración 10 10 MP0446 Empresa na aula 10 10 MP0449 Formación e orientación laboral 10 MP0156 Inglés 10 MP0438 Operacións administrativas da compravenda 10 MP0442 Operacións administrativas de recursos humanos 10 10 MP0448 Operacións auxiliares de xestión de tesouraría 10 MP0441 Técnica contable 10 MP0443 Tratamento da documentación contable 10 10 MP0440 Tratamento informático da información 10

Grao superior CSIFC01 Administración de sistemas informáticos en rede

Módulos profesionales: MP0374 Administración de sistemas operativos 10 MP0377 Administración de sistemas xestores de bases de datos 10 MP0381 Empresa e iniciativa emprendedora 10 MP0380 Formación e orientación laboral 10 MP0371 Fundamentos de hardware 10  MP0376 Implantación de aplicacións web 10 MP0369 Implantación de sistemas operativos 10 MP0373 Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información 10 MP0370 Planificación e administración de redes 10 MP0378 Seguridade e alta dispoñibilidade 10 MP0375 Servizos de rede e internet 10 MP0372 Xestión de bases de datos 10

CSIFC02 Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma

Módulos profesionales :MP0486 Acceso a datos 10 MP0484 Bases de datos 10 MP0487 Contornos de desenvolvemento 10 MP0488 Desenvolvemento de interfaces 10 MP0494 Empresa e iniciativa emprendedora 10 MP0493 Formación e orientación laboral 10 MP0373 Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información 10 MP0485 Programación 10 MP0490 Programación de servizos e procesos 10 MP0489 Programación multimedia e dispositivos móbiles 10 MP0491 Sistemas de xestión empresarial 10 MP0483 Sistemas informáticos 10

CSIFC03 Desenvolvemento de aplicacións web

Módulos profesionales:MP0484 Bases de datos 10 MP0487 Contornos de desenvolvemento 10 MP0617 Formación e orientación laboral 10 MP0373 Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información 10 MP0485 Programación 10 MP0483 Sistemas informáticos 10

CSCOM03 Xestión de vendas e espazos comerciais

Módulos profesionales : MP0933 Formación e orientación laboral 10 MP0179 Inglés 10 MP1010 Investigación comercial 10 MP0931 Márketing dixital 10 MP0930 Políticas de márketing 10 MP0623 Xestión económica e financeira da empresa 10