PROBAS LIBRES DE TÍTULOS EXTINGUIDOS LOXSE:CM COMERCIO E CS XESIÓN COMERCIAL

A Orde do 8 de maio de 2015, pola que se establecen probas libres de títulos extinguidos dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990. do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece a realización de probas libres de módulos profesionais dos ciclos LOXSE que se extinguen, co fin de lle permitir finalizar os estudos e lograr a titulación ao alumnado que se vexa afectado pola implantación das novas ensinanzas (LOE).

A derradeira convocatoria para a  presentación de solicitudes  previstas é do 6 ao 16 de maio de 2016..

As solicitudes presentaranse nas secretarías dos centros públicos que ofreceron as correspondentes ensinanzas no momento da súa extinción.

Na solicitude pódese solicitar a validación de módulos profesionais,.Respecto ao módulo de Formación en centros de traballo, o alumnado que teña pendente de superación únicamente este módulo (FCT) poderá realizala como máximo ata o  curso 2015/2016.

Tamén poderase solicitar a exención do módulo de FCT cando se teña superado o resto dos módulos profesionais e cumpra os requisitos establecidos na normativa vixente para dita exención.

Os ciclos de grao medio de Comercio (LOXSE) e o CS de Xestión comercial e márketing (LOXSE) están incluídos nesta derradeira convocatoria.