Probas de Clasificación e de Certificación na EOI

PROBAS DE CLASIFICACIÓN

Serven para saber o nivel que tedes para a matricula oficial na Escola Oficial de Idiomas, en réxime presencial.
A data de matrícula para as devanditas probas será do 18 de maio ao 8 de xuño.
Posiblemente a matricula farase on line na páxina da Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra
Os exames son en xuño (ANEXO II)

MATRÍCULA LIBRE PARA PROBAS DE CERTIFICACIÓN

Tedes que matricularvos do 4 ao 29 de abril na secretaría do centro EOI. Recollede o sobre de matrícula, cubride a folla de liquidación de prezos, fotocopia do DNI (libro familia numerosa, para desconto da matricula, e no caso de ter menos de 16 anos certificado do IES no que se faga constar a 1ª lingua cursada no presente curso na ESO).
Tedes dereito a 2 exames (convocatoria de xuño e setembro). Podedes elexir o nivel que queredes que vos acrediten e o idioma (ver ANEXO IV e V). Tedes que facer e pagar tantas matrículas como niveis e idiomas queirades que vos acrediten.