Para os amantes da novela gráfica

A xaponesa TOMOKO NINOMIYA é a autora da peculiar novela gráfica Nodame Cantabile, un manga sobre música clásica que se converteu nun dos maiores fenómenos entre o sector feminino.
Aínda que a historia se basea na relación amorosa entre os dous protagonistas, Shinichi Chiaki e Megumi Noda (“Nodame”), estudantes de música no conservatorio, o humor afástao doutros mangas románticos semellantes e vólveo máis apetecible para todos os públicos.
Unha lectura ideal para apaixonarse polos instrumentos e a música en directo.