Oferta traballo programador/a Pontevedra

En adoita IT Solutions , levamos mais de 7 anos dando soporte especializado en BBDD e ERPs, nos últimos anos axudamos aos clientes a visualizar a través de aplicacións e portais webs os contidos dos seus sistemas de almacenamento.
Neste momento de crecemento estamos na procura dunha persoa que nos acompañe no desenvolvemento de aplicacións así como no contacto permanente cos clientes.
Trátase dunha oportunidade para crecer persoal e laboralmente a través de proxectos de diferente índole.
Responsabilidades :

  • Entende-las necesidades dos clientes e darlles solucións.
  • Axudar na definición da infraestrutura interna e de clientes.
  • Colaborar no desenrolo e despregue das solucións.
  • Participar nas reunións diarias de equipo e as que se plantexen cos clientes.
    Ofrecemos :
  • Xornada laboral adaptable
  • Posibilidade de traballo en remoto
  • Formación
  • Ambiente laboral xoven e orientado ao benestar do grupo e o desenvolvemento profesional dos integrantes.
  • Oficina a 2 min. do centro de Pontevedra
  • Salario a negociar dende 17.000€ a xornada completa
    Que buscamos :
  • Experiencia en desenrolo de aplicacións web con Javascript, Vue ou PHP
  • Boa comunicación: oral e escrita
  • Que coñeza-las ferramentas diarias que usamos como Bitbucket, Jira ou Confluence para a xestión da repositorios, tarefas e documentación.
  • Usamos Google Cloud polo que se non o coñeces, nós axudámoste.
  • Que veñas con ganas, para aprender, para ensinarnos e para crecer con nós.
  • Responsable e con tolerancia á frustración. Nós abrazamo-los cambios que nos plantexan os clientes.
    Se encaixas no perfil e queres coñecernos persoalmente, escríbenos a
    jose.tourino@adoitait.solutions ou chama ao 668813461.

adoita IT Solutions
Condesa Pardo Bazán, 2 oficina 2
36002 Pontevedra