A) NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓN.
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30140
B) NÚMERO DE PRAZAS OFERTADAS PARA O CURSO ACADÉMICO 2021-2022
CURSO | Núm. Vacantes estimadas |
1º ESO | 29* |
2º ESO | 5 |
3º ESO | 0 |
4º ESO | 9 |
1º Bach.Ciencias | 23 |
1º Bach. Humanidades | 11 |
2º Bach. Ciencias | 15 |
2º Bach. Humanidades | 10 |
*Os centros adscritos ao IES Chan do Monte son CEIP Seixo e CEIP Ardán. 17 reservas rexistradas. 3 prazas resérvanse para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
C) PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA ALUMNOS PROCEDENTES DOUTROS CENTROS
Presentación de solicitudes de admisión | Do 1 ao 22 de marzo |
Dispoñen de dúas vías para solicitar a admisión:
1 – Presentar o Anexo II na Secretaría do centro que soliciten en primeiro lugar.
2 – Presentar a solicitude a través da aplicación informática: “admisión de alumnado” ou a través da sede electrónica da xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B neste caso tamén é necesario achegar o Anexo I bis dixitalizado.
En ambos casos é preciso que cumprimenten o Anexo II A.
D) IMPORTANTE
1. UNHA ÚNICA SOLICITUDE
A solicitude de posto escolar será única para unha mesma ensinanza e poderá recoller varios centros por orde de preferencia. O alumnado que non resulte admitido no primeiro centro elixido será baremado nos seguintes centros en que existan vacantes, seguindo a súa orde de preferencia
2. PERDA DOS DEREITOS DE PRIORIDADE:
·Presentación da solicitude fóra de prazo
·Presentación de máis dunha solicitude en centros distintos.
·Acreditar ou presentar datos que non se axusten á realidade.
3. COMUNICACIÓN AO CENTRO DE ORIXE:
O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
4. COMUNICACIÓN DA RENUNCIA Á RESERVA DE PRAZA:
O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
E) PRAZO DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS ALEGADOS PARA O BAREMO, SE É O CASO.
Se o número de solicitudes e maior que as prazas ofertadas, poderán presentar, con carácter voluntario, a documentación acreditativa dos criterios de baremo no prazo de 10 días hábiles contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo de solicitudes de admisión.