ESA

Requisitos de idade:

Poden matricularse os maiores de 18 anos ou os que os cumpran no ano natural ( antes do 31 de decembro), os que se matriculen no segundo cuadrimestre do curso deben cumprir antes do 30 abril.

 Excepcionalmente poden matricularse os menores de 18 anos que cumpran estes requisitos:

  • Maior de 16 con contrato laboral
  • Ser deportista de alto rendemento
  • Proceder de ensinanza de adultos
  • Ter cursado e non superado os módulos obrigatorios de 1º de PCPI e estar inscrito como demandante de emprego

Prazo de presentación de solicitudes de admisión:

Por regra xeral, será cada ano entre o 1 e o 15 de xuño

 

Documentación:

  • Copia DNI
  • Historial académico completo
  • Declaración responsable de non estar matriculado nas mesmas ensinanzas noutro centro
  • Solicitude de admisión (Anexo I)
  • Solicitude de matricula (Anexo II)

 

Periodo de matrícula:

Por regra xeral, unha vez resolta a admisión e adxudicadas as prazas nos distintos cursos e ámbitos, os alumnos admitidos deben formalizar matrícula nas seguintes datas:

 

Do 3 ao 12 de setembro para os que cursen o 1º cuadrimestre

Do 7 ao 14 de xaneiro para os que cursen o 2º cuadrimestre

 

Documentación:

  • 3 fotografías (os que proveñan da ESA deste centro só 1)
  • Boletín de notas para os alumnos do centro
  • Xustificante de ter pagado o seguro escolar

  • Sobre de matrícula e impresos cubertos
  • Carné escolar para os alumnos do centro

 

Actividades lectivas neste centro:

 Os módulos 1 e 3 impartiranse no 1º cuatrimestre e os módulos 2 e 4 impartiranse no 2º cuatrimestre.

Sorry, the comment form is closed at this time.