No IES Chan do Monte ofertamos ciclos superiores, de grao medio e básico de diversas familias de FP. Todos estes ciclos ofértanse en réxime ordinario con horario de mañá e horario de tarde (só 2ºDAM).

Grao básico

  • CBIFC02 Informática de oficina (18 prazas)
  • CBIMA01 Mantemento de vivendas (18 prazas)

Grao medio

  • CMCOM01 Actividades comerciais (30 prazas)
  • CMIMA01 Instalacións frigoríficas e de climatización (22 prazas)
  • CMIFC01 Sistemas microinformáticos e redes (30 prazas)
  • CMADG01 Xestión administrativa (30 prazas)

Grao superior

  • CSIFC01 Administración de sistemas informáticos en rede (30 prazas)
  • CSIFC02 Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma (30 prazas)
  • CSCOM04 Marketing e Publicidade (30 prazas)

Ademais, en réxime modular, con clases que comezan a partires das 16 horas ofertamos:

Grao medio

ZMIFC01 Sistemas microinformáticos e redes (30 prazas)

A primeira cifra refírese ao número de horas do módulo e a segunda son as prazas dispoñibles:

  • MP0223 Aplicacións ofimáticas 240h
  • MP0228 Aplicacións web 123h
  • MP0230 Empresa e iniciativa emprendedora 53h
  • MP0229 Formación e orientación laboral 107h
  • MP0221 Montaxe e mantemento de equipamentos 240h
  • MP0225 Redes locais 213h
  • MP0226 Seguridade informática 140h
  • MP0227 Servizos en rede 157h
  • MP0224 Sistemas operativos en rede 157h
  • MP0222 Sistemas operativos monoposto 160h

Grao superior

ZSIFC03 Desenvolvemento de aplicacións web (30 prazas)

A primeira cifra refírese ao número de horas do módulo e a segunda son as prazas dispoñibles:

  • MP0484 Bases de datos 187h
  • MP0487 Contornos de desenvolvemento 107h
  • MP0612 Desenvolvemento web en contorno cliente 157h
  • MP0613 Desenvolvemento web en contorno servidor 175h
  • MP0615 Deseño de interfaces web 157h
  • MP0614 Despregamento de aplicacións web 88h
  • MP0618 Empresa e iniciativa emprendedora 53h
  • MP0617 Formación e orientación laboral 107h
  • MP0373 Linguaxes de marcas e sist. de xestión de información 133h
  • MP0485 Programación 240h
  • MP0483 Sistemas informáticos 186h

En réxime a distancia para persoas adultas, ofertamos os graos superiores de:

ZSIFC01 Administración de sistemas informáticos en rede (50 prazas)

  • MP0369 Implantación de sistemas operativos
  • MP0370 Planificación e administración de redes
  • MP0371 Fundamentos de hardware
  • MP0372 Xestión de bases de datos
  • MP0373 Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información
  • MP0380 Formación e orientación laboral

ZSIFC02 Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma (50 prazas)

  • MP0373 Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información
  • MP0483 Sistemas informáticos
  • MP0484 Bases de datos
  • MP0485 Programación
  • MP0487 Contornos de desenvolvemento
  • MP0493 Formación e orientación laboral

A oferta completa pódese consultar aquí.

Requisitos de acceso

GRAO MEDIO

  • Cupo de acceso directo (Ata o 70%), para as persoas que posúen título da ESO, título de técnico ou titulacións equivalentes. Séguese a seguinte orde de prelación:
  1. Alumnado con título de graduado en educación secundaria obrigatoria con superación da avaliación final de educación secundaria obrigatoria pola opción de ensinanzas aplicadas (non aplicable para este curso, segundo o disposto no Real Decreto 562/2017, do 2 de xuño).
  2. Alumnado con título de graduado en educación secundaria obrigatoria obtido con anterioridade á implantación da avaliación final da educación secundaria obrigatoria.
  3. Outras titulacións equivalentes para os efectos de acceso neste grupo:
    • Alumnado con título de técnico auxiliar.
    • Alumnado cun máximo de dúas materias pendentes no conxunto dos dous primeiros cursos de BUP.
    • Alumnado con título de bacharelato superior.
    • Alumnado que superou, das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos, o terceiro curso do plan de 1963 ou o segundo de comúns experimental.
  • Cupo de acceso por FP Básica e PCPI* (Ata o 20%)para as persoas que posúen título de FP Básica. Ordénanse os solicitantes por :
  1. Alumnado con título de formación profesional básica que recolla no seu currículo ter preferencia na admisión ao ciclo formativo de grao medio que se solicita.
  2. Alumnado con título de formación profesional básica que non recolla no seu currículo ter preferencia na admisión ao ciclo formativo de grao medio que se solicita.
  3. Alumnado que superara os módulos obrigatorios dun programa de cualificación profesional inicial.
*para as persoas que teñen os módulos obrigatorios dos PCPI do curso 2011-2012 e seguintes.
  • Cupo de acceso por proba (Ata o 10%), para as persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos e non cumpran os requisitos de carácter académico. Ordénanse os solicitantes por :
  1. Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou con curso de formación específico para o acceso a ciclos formativos de grao medio.
  2. Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
  3. Alumnado con proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas e deseño
  4. Alumnado con título de técnico.
  5. Alumnado con certificado acreditativo de ter superadas todas as materias do bacharelato regulado na Lei orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.
  6. Alumnado con título de bacharelato.
  7. Alumnado con título de técnico superior ou de técnico especialista.
  8. Alumnado con título universitario.

Réxime para persoas adultas

Neste réxime os requisitos de admisión son iguais que no réxime ordinario.

Nota: no réxime de adultos, cando a demanda de prazas supere a oferta, hai establecidos uns criterios de selección, para cada un dos cupos. En cada cupo de acceso ordénanse as persoas solicitantes atendendo a unha puntuación que ten en conta os requisitos de acceso, a experiencia laboral no ámbito profesional do ciclo e os módulos superados no ciclo.

GRAO SUPERIOR

Réxime ordinario

Cando a demanda de prazas supere a oferta establécense os seguintes criterios de selección:

  • Cupo de acceso directo (ata o 70%) persoas que posúen título de bacharelato ou equivalente para efectos de acceso a ciclos. Séguese a seguinte orde de prelación:
  1. Bacharelato con modalidade vinculada e materias preferentes.
  2. Bacharelato con modalidade vinculada e sen materias preferentes.
  3. Bacharelato sen modalidade.
  4. Titulación de técnico superior.
  5. Titulación universitaria.

Dentro de cada unha destas preferencias ordénanse ás persoas solicitantes pola nota media do título, e de existir empate no primeiro bloque, pola nota media das materias preferentes.

  • Cupo de acceso por FPB (ata o 20%) persoas que teñen un título de técnico LOE ou LOXSE. Ordénanse os solicitantes por :
  1. Alumnado con título de técnico de formación profesional da mesma familia profesional que o ciclo formativo de grao superior que se solicita.
  2. Alumnado con título de técnico de formación profesional de diferente familia profesional que o ciclo formativo de grao superior que se solicita.
  • Cupo de acceso por probas e outros (ata o 10%) persoas que teñen certificación de superación das probas de acceso a ciclos superiores ou outras vías de acceso a ciclos de grao superior. Ordénanse os solicitantes por :
  1. Alumnado con proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
  2. Alumnado con proba de acceso a universidade para maiores de 25 anos.
  3. Alumnado con título de técnico superior ou de técnico especialista.
  4. Alumnado con título universitario.

Réxime para persoas adultas

Neste réxime os requisitos de admisión son iguais que no réxime ordinario, coa salvidade de que as persoas que carecen de requisitos de acceso poden matricularse nos módulos de ciclos LOE asociados a unidades de competencia, sempre que acrediten dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do ciclo formativo que desexou cursar. Estas persoas concorreran polo cupo de acceso directo.

Cando a demanda de prazas supere a oferta, hai establecidos uns criterios de selección, para cada un dos cupos. En cada cupo de acceso ordénanse as persoas solicitantes atendendo a unha puntuación que ten en conta os requisitos de acceso, a experiencia laboral no ámbito profesional do ciclo e os módulos superados no ciclo.

Ademais, permítese cursar un ciclo formativo de grao superior quedando exentos de proba a aqueles aspirantes que superen a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

No seguinte enderezo: http://www.edu.xunta.es/fp/probas, atoparedes máis información sobre as probas de acceso (modelos de probas de acceso e unha guía orientativa da proba).

Admisión e matrícula