Admisión e matrícula curso 2020-2021

O procedemento de admisión e matrícula de alumnado en ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas (Orde do 15 de xuño de 2016 (DOG do 27) de Admisión de alumnado), pódese consultar na páxina http://www.edu.xunta.es/fp/informacion-xeral

  • Con motivo de facilitar unha mellor organización, o centro establece unhas colas prioritarias de matrícula nuns días concretos só para os alumnos que se matriculen en:
    • 2º do réxime ordinario de ciclos formativos de grao medio ou superior para o curso 2020-2021 (incluídos repetidores de 2º por 1ª ou sucesivas veces): 29 e 30 de xuño.
    • Matrícula no módulo de FCT no período de Setembro-Decembro : Do 13 ao 17 de xullo.