Crecemento Infinito nun Planeta Finito

“A verdade está aí fóra” e é xa unha evidencia innegable. O planeta esgótase e pouco estamos a facer para pór remedio a esta situación.

Desde a nosa biblioteca queremos achegar o noso graniño de area para frear esta apocalíptica realidade. Este curso deseñamos un proxecto cuxo eixo temático se centra no desenvolvemento sostible. Traballaremos interdisciplinariamente este tema dando cabida a aspectos tan diversos como a degradación ambiental, o cambio climático, a biodiversidade, as enerxías renovables, o consumo responsable…

A nosa idea é conseguir a máxima implicación da comunidade escolar para concienciarnos dunha triste realidade que urxe cambiar.