- Concurso: Intrígate o personaxe e o libro que se enconden nestas liñas?
Se non tes unha lectura entre mans e queres descobrir as novidades da Biblioteca, anímate e participa, xa que, ademáis de poñer a proba as túas habilidades investigadoras, desfrutarás lendo e podes gañar un premio.
Para participar debes recoller un impreso en conserxería no que anotar a obra e a voz que se esconden nas 23 citas que verás expostas no centro. Tamén podes vir ler as citas á biblioteca, xa que temos feito un xogo. Tes de prazo ata o día 18 de outubro para completar a listaxe e entregala na nosa biblioteca.
Rocío García Casalderrey
Rosa María Villar Villamil
Seguir lendo → - Que sabedes de Florencio Delgado Gurriarán?
Por suposto, sabedes que este ano o Día das Letras Galegas adícase a súa figura e obra. Non parece suficiente, verdade? Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega e o da Biblioteca ímosvos propor algunhas actividades ó longo desta semana para coñecelo mellor. Estade atentos!
https://create.kahoot.it/details/ca6b5eb1-69ba-45d6-b87e-0316d2108adf
Para os que queirades consultar algo de información antes de participar, a Real Academia Galega publicou na súa páxina web unha serie de vídeos sobre a súa vida e obra. Asimesmo, na biblioteca do noso centro pódense atopar algunhas das súas obras.
O seu tema lingüístico máis recorrente, o cabalo de batalla de Florencio, é o castrapo, síntoma e expresión lingüística do sometemento da lingua minorizada, o galego, pola lingua minorizadora, o castelán.
Volten a Valdeorras os nomes xenuínos
non máis Correjanes nin Vegamolinos.
Si Veigamuíños e mais Correxais
pois xa os castrapismos están por demais.
……………………………………………….
Non trocar por feles os galaicos meles
pronunciando El Barco, La Puebla e Bajeles.
Rosa María Villar Villamil
Coordinadora do Equipo de Biblioteca
Seguir lendo → - GAÑADORES I EDICIÓN DO CONCURSO DE IDEAS EMPRENDEDORAS
Os ganadores do concurso son:
1º Premio (valorado en 200€): Miguel García Mariñas
2º Premio (valorado en 100€): Laura Sánchez de la Campa Santos, David Silva Casas e Rodrigo Mouco Barreiro
3º Premio (valorado en 50€): Gabriela Rivas
Seguir lendo → - Street poems
Na frescura dos poemas elixidos polos membros do club de lectura Labirinto I descobrimos a cotidianeidade, a cercanía da creación poética. Lémbrannos que o Día da Poesía, o 21 de marzo, non debe ser o único día para desfrutala e compartila. Hoxe non é 21 de marzo…
Rosa María Villar Villamil
Seguir lendo → - II Certame de Poesía Revelada
O II Certame de Poesía Revelada ou Blackout Poetry nace para potenciar a escrita e a lectura de poesía utilizando unha modalidade de creación poética innovadora, que aporta un valor engadido, a combinación de imaxen e texto. Ambos compleméntanse de forma coherente e harmónica. A ilustración ten un peso específico igual o do texto.
Os participantes, de calquera nivel educativo, poderán presentar un ou máis proxectos coas seguintes características: tamaño din-A4 e traballo orixinal, non vale unha fotocopia. As obras que optan ó premio entregaranse na Biblioteca do IES Chan do Monte en sobre cerrado. No anverso do sobre especificarase o pseudónimo do autor. Nun sobre pequeno cerrado dentro do grande constarán o pseudónimo, os datos personais, nome e apelidos, curso, dirección e teléfono.
O prazo de presentación de orixinais finaliza o 5 de abril. Farase unha exposición no centro de todas as obras presentadas. A decisión do xurado farase pública o 12 de abril coa presentación da obra gañadora e a entrega do premio. A obra premiada quedará exposta de xeito permanente na Biblioteca.
Rosa María Villar Villamil
Seguir lendo → - Curso de capacitación dixital
Pensaches que internet era unha moda e agora asustache ter que usar o móbil ou o ordenador? Tes coñecementos pero hai certas cousas que non consegues facer?
Para poñerse ao día con todo aquilo que a tecnoloxía nos proporciona apúntate no novo curso destinado a maiores de idade e completamente gratuito.
Seguir lendo → - Marzo é o mes da expectativa, das cousas que non coñecemos
As verbas de Emily Dickinson acompañan a nosa entrada no mes de marzo, que voa cara a esperanza dun tempo sempre mellor, cara a primavera. Chegan con él actividades maravillosas como a de compartir a lectura e a escoita no noso recuncho lector. Nesta primeira ocasión foi a voz de Rocío García Casalderrey, notable herdeira da súa nai, Fina Casalderrey, a que conseguiu conmovernos no breve, aínda que valioso, espazo de tempo dun recreo cun fragmento de A Pomba e o Degolado. A maxia seguirá a producirse o longo do curso, coma sempre que alguén lé para sí e para quen está a escoitarlle dende o interior.
Nos Clubs de Lectura imos ter novas propostas, das que iremos dando conta. A primeira, Una educación, de Tara Westover é unha historia extraordinaria, unha epopeia desgarradora e inspiradora sobre a posibilidade de ver a vida a través de outros ollos e de cambiar. A historia de Tara fálanos a todos, sen importar o diferente que sexa a nosa vida da súa.
O teatro troca tamén a nosa perspectiva e leva moitas veces ó cambio, axudando a atravesar barreiras. Ben o saben os alumnos que recibiron unha formación teatral no obradoiro con Afonso o longo destes meses e que viviron unha gran experiencia, convertíndose en actores por un día no Teatro Principal de Ourense na compaña de rapaces doutros centros galegos.
Rosa María Villar Villamil
Seguir lendo → - Emprego: técnico/a comercial
A empresa DINAK, unha empresa industrial cun alto nivel de actividade en mercados internacionais e líder neste sector, ofrece un posto de Técnico/a Comercial Proxectos para titulados en Ciclo de FP relacionado con Instalacións Térmicas/Climatización, Edificación ou afíns.
Máis información no ficheiro PDF adxunto. Os interesados poden enviar o seu currículo a: rrhh@dinak.com co asunto “Técnico/a Comercial Proxectos”.
Seguir lendo → - Emprego ciclo frio/climatización: técnico/a de mantemento
A empresa Gafrío S.A., centro loxístico e de elaboración de produtos do mar con base no porto de Marín, abriu un proceso de selección para un/a novo/a técnico/a de mantemento. Características do perfil:
- Posto: Técnico ou técnica de mantemento
- Estudos mínimos: Ciclo Formativo Grao Medio – Instalación e Mantemento, Frio-climatización, Electricidade… ou outras afíns
- Valorarase: Experiencia en mantemento de instalacións industriais, con maquinaria de frío industrial, dentro dun perfil polivalente no sector de mantemento. Valorarase tamén carné de carretillas elevadoras, plataformas, coñecementos de soldadura, etc.
- Residencia en Marín-Pontevedra ou arredores.
- Carné de conducir e vehículo para desprazarse ao centro de traballo (Porto de Marín)
- Dispoñibilidade para incorporarse
Contacto a través de email: rrhh@galfrio.es
Seguir lendo → - Convocatoria AXUDASLE 2024 – Bacharelato
Desde o servizo de Innovación e Programas Educativos infórmannos de que o día 12 de febreiro foi publicada a convocatoria AXUDASLE 2024 de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024 destinada a alumnado de Bacharelato.
Prazo de solicitudes aberto dende o 13 de FEBREIRO ata o 12 de MARZO (incluído)
Seguir lendo → - Técnico/a reparacións informática
Solitium oferta un posto de traballo de TÉCNICO/A REPARACIÓN EQUIPOS MULTIFUNCIONAIS na zona de Vigo para alumnos titulados do Grao Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR). Os interesados mandar currículo a ejimenez@ayanetrh.es
Seguir lendo → - Clubs de lectura, sempre activos
Unha nova proposta para Labirintos de Mogor II. Unha obra a de Sara Mesa de conflicto entre o urbano e o rural, o sentido de poder e o de vulnerabilidade da protagonista ante os novos actos que acomete. O potente narrador consegue que os lectores non sintamos outra necesidade máis que pasar voando as páxinas e seguir deixándonos ferir polo desasosiego do relato, que parece adquirir dimensións de traxedia grega, ainda que tamizada pola culpa católica: o conxunto de persoaxes de La Escapa funciona como o coro que amplifica o xuizo e algúns individuos fan como de oráculo, advirtindo de malos presaxios. Toda esa tensión, o ambiente angustioso e á vez distante, as referencias e simbologías e as friccións entre personaxes parecen dispostos para un desenlace tráxico, que é esperado con ansia.
O alumnado do Labirinto de Mogor I comentando a lectura de Carta dunha descoñecida dun autor recurrente, Stefan Zweig, que non os deixou indiferentes. Falaron de obsesión, amor incondicional e tolemia, voltando recoñecer a Zweig como mestre da novela psicolóxica.
O Club dos máis xóvenes explorou O Asasinato da profesora de Xeografía; un libro no que se mestura a fascinación pola toponimia cun segredo que se remonta a Idade Media e do que o diaño é protagonista. A corrupción, a afouteza, a intuición e unha boa dose de misterio son os ingredientes desta novela que lles atrapou e que vos recomendamos.
Rosa María Villar Villamil
Seguir lendo →