Oferta emprego programador/a Vilagarcía

Cucunver:

En cucunver axudamos a facer as cousas de forma diferente a través dunha ferramenta de xestión online que se adapta ás necesidades específicas do día a día das asociacións sen ánimo de lucro e permite aos seus cargos directivos aforrar tempo e xestionar a mesma desde calquera lugar e en calquera momento. Traballamos para fomentar novas, útiles e sinxelas formas de organización do traballo nas entidades.

Detalles da oferta

Estamos a buscar un programador ou unha programadora junior para traballar nas nosas oficinas de Vilagarcía de Arousa con coñecementos de:

  • PHP 7
  • JavaScript
  • Html5
  • CSS3

Valoraranse coñecementos de Laravel e JQuery

Tipo de  contrato:

Contrato laboral temporal con posibilidade de incorporarse ao proxecto posteriormente.

  • Salario en función da experiencia e coñecementos aportados.
  • Se crees que podes encaixar no perfil que estamos a buscar, non dubides en contactar con nós.

Podes escribirnos a contacto@cucunver.com

Estaremos encantados  de coñecerte!

Cucunver: Edelmiro Trillo, 2 – 36600 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra