Oferta emprego: Comercial en Pontevedra

Caetano Fórmula Galicia busca comerciais para o Concesionario Oficial Renault en Pontevedra. Requisitos: • Estudos mínimos: FP Grao Medio / Superior ou similar (Valoraranse positivamente os perfís junior de Enxeñería, tendo importantes posibilidades de carreira profesional dentro do Grupo)

• Experiencia comercial mínima de 2 anos

• Mentalidade e hábitos dixitais

• Coñecementos en Microsoft Office e Manexo de Redes Sociais

• Carné de conducir

• Perfil e carácter comercial

• Actitude positiva, con paixón polo mundo da automoción

• Capacidade de aprendizaxe e mellora continua

• Valorarase experiencia no sector e coñecemento do mesmo

Ofrécese

• Posto estable nun Grupo Internacional de prestixio: Grupo Salvador Caetano (con máis de 1400 colaboradores en España e máis de 6.000 colaboradores noutros países).

• Salario fixo + unha variable competitiva Máis información e inscribirse a oferta en : https://caetanoretail.epreselec.com/Ofertas/Ofertas.aspx?Id_Oferta=2572036