O día da crêpe no IES Chan do Monte

Os alumnos e alumnas de francés do IES Chan do Monte celebraron a “Chandeleur” ou día das crêpes. Trátase dunha festa con moita tradición nos países francófonos que ten lugar cada 2 de febreiro, corenta días despois do Nadal. Os alumnos tiveron a ocasión de preparar crêpes e coñecer todos os detalles desta tradición. Deixámosvos algunhas fotos da celebración.