Nada: A rebelión da mocidade
- 20
- Feb
- 22
Con motivo do centenario do nacemento de Carmen Laforet e co obxectivo de pór en valor a súa figura, o Ministerio de Cultura e Deporte ven de convocar un Certame Literario para estudantes de primeiro e segundo curso de Bacharelato ao redor de Nada.
Os alumnos Paula Cortés e Martín Freire, membros do noso club de lectura Labirintos de Mogor, participaron de xeito entusiasta elaborando este booktrailer onde se visibiliza a frustración e o baleiro existencial de Andrea, a protagonista da novela. Para nós estes dous mozos son os gañadores, non só por este traballo, senón tamén pola súa implicación nas actividades da biblioteca e por seguir a compartir lecturas connosco.
A cerimonia de entrega de premios, que poderemos seguir telemáticamente, celebrarase o día 4 de marzo ás 12:30 no Auditorio do Ministerio coa participación dos fillos de Carmen Laforet -Marta e Agustín Cerezales e coas escritoras Najat O Hachmi e Inés Martín Rodrigo, gañadoras ambas do Premio Nadal.
Equipo de Biblioteca