Mostra de Teatro en Palas de Rei e visita o Castelo de Pambre

O fío vermello da vella lenda oriental volta unirnos o grupo de teatro Alentía. A Covid foi quén de nos alonxar. A feble hebra estirou, retorceuse, enredouse e mesmo contraeuse, pero non rompeu. Voltamos desfrutar do obradoiro de teatro no noso centro, impartido por Afonso, e agora vimos de compartir a experiencia creativa co alumnado de Palas de Rei. Que importantes son as relacións e os encontros para as nosas vidas, mesmo aínda que parezan fortuitos.

O día pasou rápido e intenso, percorrendo espazos novos cheos de historia e tradicións. A visita o Castelo de Pambre, reino de soños e natureza, admirounos, pero non foi menos interesante descobrir unha casa caseteira, un cabaceiro, o “hórreo dos pobres”, ou unha casa museo, todo elo formando parte dunha queixería, que é un magnífico exemplo de respecto o medio ambiente.

Unha edificante experiencia vital.

Rosa María Villar Villamil

Coordinadora do Equipo de Biblioteca