Maxia na biblio

En realidade non se trataba de maxia, senón de química. Onte conseguimos encher a biblioteca co alumnado máis novo, dispostos a participar nun taller de escritura máxica.

Os mozos contemplaron con curiosidade as transformacións das cores grazas ás reaccións químicas. A profe Nuria cunha amena charla ensinounos non só química e cultura xeral, senón que a maxia está en nós mesmos.