Matrícula ESO e Bacharelato curso 2020-2021

O prazo para formalizar a matrícula de ESO e Bacharelato para o curso 2020-2021 é dende o día 1 ao 10 de xullo (Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15) e a Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG do 1 de febreiro) de admisión de alumnado.

Non obstante, con motivo de facilitar unha mellor organización, o centro establece, dentro deste período, uns días nos que haberá unhas colas prioritarias só para o alumnado que quera matricularse en:

1º e 2º da ESO

    • 1 de xullo

3º e 4º da ESO

    • 2 de xullo

1º e 2º de Bacharelato

    • 3 de xullo

O alumnado con materias suspensas na convocatoria de xuño, matricularase en setembro.