Fondo Social Europeo

A implantación dos novos ciclos de Formación Profesional Básica será cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE), no marco do obxectivo temático 10 “Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e unha aprendizaxe permanente”.

Trátase dunha medida esencial para reducir a taxa de abandono escolar temperá.

Con estes ciclos preténdese ofrece ao remate da ensinanza obrigatoria unha oferta formativa atractiva que poida conducir ao mercado laboral ou a continuación de estudios de formación profesional

A achega do FSE recóllese no eixo 3 do Programa Plurirrexional de Emprego, Formación e Educación do período de programación 2014-2020, xestionado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Con estes fondos fináncianse os gastos de profesorado e os custos indirectos. A taxa de cofinanciamento do FSE é do 80% deses gastos.

 

fse

Sorry, the comment form is closed at this time.