Graduación 2º Bacharelato

O venres 22 de maio na Biblioteca Municipal de Marín tivo lugar o ACTO DE GRADUACIÓN DE 2º BACHARELATO do IES CHAN DO MONTE. Broche de ouro para unha promoción que se caracterizou pola súa excelencia académica nas dúas modalidades de Bacharelato.

Os nosos alumnos estiveron acompañados polas súas familias e amigos, gozando todos dun acto solemne á vez que familiar e salpicado de humor.

O acto estivo presentado polas alumnas Melina Ameneiro, Ana Tiago e Sabela Freire.

A imposición de bandas aos graduados foi realizada polos titores Teresa Moure e Ignacio Valverde.

Os alumnos Fran e Diego González alumnos de 3º e 2º ESO respectivamente amenizaron o acto coa interpretación de dúas pezas musicais co clarinete e a frauta travesera.

Tamén se emitiu un vídeo preparado polo profesor de informática Jose Luís Aragón onde se puideron ver diferentes momentos da vida académica no noso instituto dos alumnos e as alumnas desta promoción.

No apartado de discursos, Rosa González interveu como representante do profesorado, Melina Ameneiro e María González representando ao alumnado e Mª Cristina Sánchez ás familias. A última intervención foi a do Director Pablo Varela.

Finalmente as alumnas e alumnos fixeron entrega á xefa de estudos e ao director así como a todos os seus profesores e profesoras dunha flor, en agradecemento polo seu labor educativo.

Aos nosos alumnos de 2º Bacharelato dámoslles nosos máis sinceros parabéns. Sorte nesta nova etapa.

Moitas grazas.