Gañador no I concurso de tarxetas de Nadal da Asociación de Profesores de Francés de Galicia (APFG)

Estamos de noraboa! O noso alumno de 1º da ESO do IES Chan do Monte, Martín Freire González, resultou gañador no I concurso de tarxetas de Nadal organizado pola Asociación de Profesores de Francés de Galicia (APFG). A súa fermosa tarxeta creada con materiais reutilizados coma labras de lapis, cascas de cacahuete, botóns e pasta de sopa resultou a máis votada. Parabéns!