FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2017-2018

Informamos ás familias que solicitaron participar no fondo de libros de texto que a listaxe provisional está publicada no taboleiro de anuncios do IES e no Anexo I desta páxina.  O prazo de alegacións á listaxe provisional abrangue exclusivamente os días 17 e 18 de xullo.

Recordamos que o alumnado con libros do fondo que deba acudir á convocatoria de setembro ten que  devolver os libros prestados o día do exame.

A listaxe definitiva do fondo solidario coa relación de axudas admitidas e excluídas será publicada no taboleiro de anuncios e na web do IES o 15 de setembro. A entrega de libros ao alumnado terá lugar o 18 e 19 de setembro de 2017. A entrega de vales de axudas para o material irá dende o 15 ao 29 de setembro, e deberán ser recollidos persoalmente polos solicitantes na secretaría do centro.

ANEXO I

Listado fondo libros admitidos.pdf

Listado fondo libros excluídos.pdf

ListadoSolicitudes material admitidas.pdf

ListadoSolicitudes_material excluídas.pdf