FCT: Aberto o prazo de reclamacións das axudas septembro a decembro 2012

O prazo de solicitude de axudas do período setembro a decembro 2012 rematou o 14 de novembro

Dende o 15 de novembro, no taboleiro e a web do instituto , está exposto a listaxe provisional dos solicitantes das axudas, co importe correspondente.

O PRAZO DE RECLAMACIÓNS: 15 ao 24 de novembro do 2012

Unha vez ten rematado o plazo de reclamacións, enviarase a listaxe definitiva dos alumnos que solicitaron a axuda a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais.

¡¡¡¡IMPORTANTE!!!! esta información será a que se utilizará para a publicación no DOGA por parte da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais e non se poderá realizar ningunha modificación posterior, por isto, é importante, que o alumno verifique, no plazo de reclamacións, que o seus datos de solicitude de axuda son os correctos.

A Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, exporá as LISTAXES DE CONCESIÓN no DOGA.

A Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, será a encargada de efectuar o pago das axudas ós alumnos.

Listaxe