Espazo Abalar

Comun PrincipalPublicado 22 Abril 2016 ás 8:30 a.m. Comentarios desactivados en Espazo Abalar

abalar-mobil-gl

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades:
• Acceder aos datos persoais
• Consultar as cualificacións
• Consultar e xustificar as faltas de asistencia
• Consultar as faltas de conduta
• Solicitar unha cita de titoría
• Consultar os datos do centro educativo
• Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
• Consultar as  incidencias creadas polo profesorado
• Modificar o idioma da aplicación

Sorry, the comment form is closed at this time.