Escola de nais e pais

A escola de nais e pais do IES Chan do Monte nace coa idea de ofrecer unha axuda aos proxenitores coa crianza dos fillos e fillas. Está baseado nos preceptos da parentalidade positiva, isto é, na creación dun ambiente familiar caracterizado polo respecto, o coidado mútuo e o bo trato. Traballarase un programa que se centra en catro piares fundamentais: pautas de comunicación axeitadas,  tempo de calidade compartido en familia, afecto e implicación familiar. Neles abordaranse temas como a educación sexual, as pautas escolares na casa, os reforzos e castigos, a comunicación axeitada co centro educativo, as características da adolescencia, a xestión do estrés ou a estimulación da autoestima, entre outros.
O programa conta cun total de 18 sesións que se realizarán os luns de 18:45 a 20:30 horas na biblioteca do centro. Están anotadas unhas vinte familias dos cursos comprendidos entre 1º e 3º de ESO.