Día Mundial da Arte

Todo fai pensar que o mundo non será igual cando haxa terminado esta cuarentena global. Quén mellor ca os artistas para axudar a crear unha nova realidade?

Untitled by Lita Cabellut
Obra de Lita Cabellut

Cada 15 de Abril celébrase o  Día Mundial da Arte, data elexida por ser o nacemento de Leonardo Da Vinci , un dos artistas máis importantes dá historia, coa fin de promover a importancia das artes, a creatividade e acercarnos ás diferentes correntes artísticas que van dende a pintura, a escultura, a danza, a música e máis. Ó fomentar o desenrolo das artes tamén se están a fomentar os medios a través dos cales poder lograr un mundo libre e pacífico.

Documental sobre el genio Leonardo Da Vinci - Adrenalina Radio

Ó igual ca ciencia, a arte vai más aló do que creemos que é a realidade: é unha forma de pensamento que desplega situacións complexas, fai preguntas e plantexa problemas.

Igual ca tecnoloxía, a arte transforma o que hai ó redor noso e faino ser outra cousa. Pero a diferencia da ciencia y da tecnoloxía, a arte non da respostas nin solucións únicas, senon que nos fai partícipes, convócanos para que pensemos opcións máis aló do aparentemente posible.

Así pois, esta data supón unha oportunidade para destacar a educación artística nos centros educativos, xa que a cultura é o camiño cara unha educación inclusiva e equitativa. Este ano farémolo na distancia, dende as nosas casas, desfrutando das numerosas ferramentas técnicas que están ó noso alcance, como o novo programa virtual para familias que lanza a plataforma gratuita Google Arts and Culture. Non deixedes de aprender!

Google propone formas creativas de recorrer con los chicos los principales museos del mundo

Acompañar a un pingüino perdido nos museos é unha das actividades que propón Google -xunto con outras relacioadas con animais, ciencia, libros e películas – para festexar esta data.

Rosa María Villar Villamil