Día das enfermidades raras

O día 28 de febreiro celébrouse o Día das Enfermidades raras e no IES Chan do Monte poidemos contar coa visita da Asociación Duchenne Parent Project España. Trátase dunha asociación sen ánimo de lucro e declarada de utilidade pública, creada e dirixida por pais de nenos con distrofia muscular Duchenne (DMD) e Becker (DMB).

Traballan para a promoción e financiamento de proxectos de investigación, atención psicosocial, campañas de sensibilización e programas educativos.

Actualmente non hai cura para estas enfermidades, pero por primeira vez hai terapias prometedoras en investigacións e tratamentos que poden diminuír a progresión ou evitar complicacións secundarias.

Grazas a toda a comunidade educativa do IES pola súa colaboración e solidariedade e por suposto a Paula e Bibiana que nos achegaron a estas enfermidades.

xina web http://www.duchenne-spain.org