No IES Chan do Monte usamos software libre, tanto nos servidores como nos equipos de profesores e alumnos. O noso IES foi considerado Caso de Éxito na implantación de software libre pola Iniciativa Galega Para o Software Libre (mancomun.org)

Podes ver os servizos que prestamos gracias ó software libre na páxina de documentación do IES.

Queremos agradecerllo moi especialmente á comunidade de desenvolvedores destas aplicacións e proxectos, que fixeron que todo isto sexa posible.