Orientación

Departamento de Orientación

  • Información do proceso de admisión a ciclos formativos. Curso 2016/2017

    Actualizada a información relativa ao proceso de admisión a ciclos formativos para o curso 2016-2017

     Admisión grao medio

     Admisión grao superior

    O prazo de presentación de solicitudes abrangue desde o 27 de xuño ata o 5 de xullo ás 13.00 horas.

    Pódense consultar os itinerarios formativos recomendados para cursar as ensinanzas de formación profesional polo réxime de persoas adultas na seguinte ligazón:

     Itinerarios formativos réxime persoas adultas

  • Festival Fin de Curso 2016

    Festival-Fin-Curso-2016

  • ACTO DE GRADUACIÓN DA 1ª PROMOCIÓN DE TITULADOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

    O vindeiro venres día 17 de xuño, ás 20:00 horas, no Salón de Actos do IES Chan do Monte, celebrarase o Acto de Graduación do alumnado de 2º de Formación Profesional Básica de Informática de Oficina (Promoción 2014-2016).

    Os nosos parabens

  • Admisión a FP Dual. Convocatoria para o curso 2016-2017.

    Nos próximos días sairá publicada no Diario Oficial de Galicia a orde de convocatoria pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades para o curso 2016-2017.

    Requisitos das persoa solicitantes

    • Ter entre dezaoito e vinte e nove ou feitos no ano natural en que comece o ciclo formativo.
    • Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos, para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente.
    • Carecer da cualificación profesional, obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
    • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
    • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

    Prazo de presentación de solicitudes

    O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 17 de xuño ata as 13:00 horas do día 28 de xuño de 2016.

    Presentación de solicitudes

    As solicitudes de inscrición para participar nestes proxectos experimentais de formación profesional dual poderán entregarse en calquera centro que teña oferta de formación profesional dual autorizada e irán dirixidas ao seu director ou á súa directora.

    Documentación

    A solicitude de inscrición, deberá ir acompañada da seguinte documentación:

    • Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro.
    • Certificación académica relativa aos requisitos de acceso, no caso de non ter realizado os estudos ou as probas de acceso no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Publicado o borrador sobre información do proceso de admisión a ciclos formativos

    Proxecto da Orde do _____ de 2016 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas.

    http://www.edu.xunta.es/fp/borrador-orde-admision-ciclo-curso-2016-2017

  • PUBLICADOS OS BORRADORES DA OFERTA DE FP PARA O CURSO 2016/2017

    Proxecto da Orde do _____ de xuño de 2016 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo, polo réxime ordinario, en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2016/2017.

    http://www.edu.xunta.es/fp/borrador_oferta-2016-2017

  • CHARLA INFORMATIVA SOBRE BOLSAS FEUGA PARA TITULADOS DE FP

    O día 17/06/2016 ás 10:50 h, na sala de usos múltiples do noso centro, Don Santiago Álvarez, Subdirector Xeneral da Fundación Empresa-Universidad Gallega – FEUGA  informará ao alumnado de Formación Profesional sobre as becas para titulados de Formación Profesional.

     

  • Cualificacións provisionais das probas para a obtención de título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos

    Publicadas as Cualificacións provisionais da proba libre para a obtención do título de ESO (convocatoria de maio de 2016)

    http://www.edu.xunta.gal/portal/ea/obtencion-de-titulos

  • Convócanse prazas de residencia nos centros residenciais docentes (CRD)

    Orde do 25 de maio de 2016 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2016/17.

    • O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:
    1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 15 de xullo de 2016 (este incluído).
    2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 8 de agosto de 2016 (este incluído).

     

  • Probas de acceso a grao medio. Listaxe provisoria de cualificacións e período de reclamación

    Publicada a listaxe provisoria de cualificacións nas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

    Poderanse presentar reclamacións contra a cualificación provisoria desde o día 8 ao 10 de xuño, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

4 Comentarios to “Orientación”
  1. Ángeles di:

    Burnas noches quería si sin base podría entrar en asir o es mejor que haga antes smr

  2. Manuel di:

    Hola.
    ¿Podriais indicarme cuando es la presentacion de SMR?

Leave a Reply

(required)

(required)