Benvidos á bolsa de traballo do IES Chan do Monte.

Os nosos obxectivos son:

  • Proporcionar ás empresas, xoves titulados en Formación Profesional nas especialidades que o noso centro oferta.
  • Facilitar aos nosos alumnos a súa inserción no mundo laboral.
  • Ambalas dúas cousas de xeito totalmente gratuito tanto para empresas como para alumnado.

Como me entero das ofertas de emprego?

As ofertas de emprego comunícanse de varios xeitos:

  • Co taboleiro adicado as becas e ofertas de emprego (hai traballos que, por motivos varios, non aparecen publicados nesta sección)
  • Coa lista de correo de antigos alumnos do ciclo do que é a oferta. A pertenza a esta lista será ao rematar o ciclo, cando voluntariamente, o/a alumno/a ceda os seus datos (Folla de autorización).

Como participar se es alumno?

Se remataches un Ciclo Formativo no IES Chan do Monte e estás interesado en recibir ofertas de emprego de empresas que contacten co instituto para solicitar alumnos para traballar, debes:

  • Unirte a nos mediante a rede social que prefiras.
  • Asinar a folla de autorización para a cesión de datos.

Folla de autorización

Como participar se es empresa?

Se es empresa e tes algún traballo que ofertar debes poñerte en contacto coa persona responsable da coordinación da Formación en Centros de Traballo do IES Chan do Monte.

Máis información, na sección adicada a FCT.