Normas xerais e funcionamento

Normas xerais

A biblioteca é un lugar de lectura, estudo, consulta e procura de información, polo que é
necesario un ambiente de silencio.

  • Non se pode beber nin comer na biblioteca.
  • Non se pode utilizar teléfonos móbiles nin aparatos MP3.
  • Na biblioteca hai diferentes espazos: as mesas para o estudo e a lectura xeral, o sitio para a lectura de prensa na mesa da entrada, as butacas para a lectura de cómics e o lugar dos ordenadores. Respecta estes espazos en función do que vaias facer.
  • Manter a biblioteca en orde é tarefa de todos; así que ó marchar hai que deixar todo no seu sitio. As revistas e cómics no lugar correspondente, os xornais na mesa da entrada, os libros nos andeis, pide axuda ós responsables da biblioteca cando a precises-, recolle os papeis das mesas…
  • Os ordenadores podes utilizalos para facer os teus traballos, buscar información en internet, ver o teu correo, deixar as túas opinións en blogs…, pero non para chatear nin xogar.

Servizos de préstamos

  • O material da biblioteca clasifícase en tres grupos:
    1. Material de consulta e lectura na sala.
    2. Material de préstamo.
    3. Ordenadores.
  • O primeiro (dicionarios, enciclopedias, atlas, manuais de historia ou arte) pódense utilizar na sala, pero non ser levado en préstamo. Para levar este material da biblioteca a outros lugares do instituto, solicítallo ó profesor de garda da mesma nese momento ou faino baixo a responsabilidade do profesor que solicita ese material.
  • Na páxina web do centro www.ieschandomonte.edu.es, clicando en biblioteca, podes facer buscar libros, informarte sobre actividades, novidades, etc.
  • Podes levar en préstamo libros, DVDs, vídeos ou revistas.
  • Para poder levalos é necesario darllos ó profesor ou profesores de garda para que rexistren o préstamo. Para devolvelos tamén debes darllos ó profesor responsable da biblioteca nese momento.
  • O prazo de préstamo é de quince días, renovable outros quince.
  • Cada prestatario poderá sacar un máximo de tres materiais simultaneamente.
  • Utiliza a páxina web do centro para facer suxestións ou déixaas na biblioteca. Podes propor a compra de libros, revistas, Cdrom… que che parezan interesantes. Tamén podes propor actividades, cambios no funcionamento, etc.

Organización dos libros

  • Os libros están organizados por materias seguindo unha adaptación da clasificación universal (CDU). Dentro de cada andel os libros están organizados por orde alfabética de autores. Os libros levan no seu lombo unha etiqueta ou tellolo que che axudará a localizar o libro na biblioteca.
  • A cada materia correspóndelle un díxito. Os díxitos compoñen a CDU que atopas na etiqueta do lombo. Esta consta de tres liñas, a primeira numérica e as outras dúas alfabéticas.

  • A súa correspondencia é a seguinte:
    1. 82 CDU correspondente a literatura, neste caso vai acompañada de dúas letras: Nque indica narrativa e C castelán (CDU).
    2. Tres primeiras letras do apelido do autor: Marías.
    3. Tres primeiras letras do título: Mañana en la batalla piensa en mí.

     

Gardas e plano da biblioteca

O horario dos profesores de garda da bibioteca é o seguinte:

HORARIO DE PRÉSTAMO DE LIBROS

Hora

Lunes

Martes

Miércoles

Jueves

Viernes

8.20-9.10

PECHADA

PECHADA

PECHADA

PECHADA

PECHADA

9.10-10.00

Miguel A.

10.00-10.50

10.50-11.20

RECREO

Yolanda

RECREO

Elva

RECREO

Nanda

RECREO

Nanda

RECREO

Nanda

11.20-12.10

Miguel A.

12.10-13.00

Miguel A.

13.00-13.50

PECHADA

PECHADA

PECHADA

PECHADA

PECHADA

16.00-16.50

PECHADA

PECHADA

PECHADA

PECHADA

16.50-17.40

17.40-18.30

Juan C. Mayo

18.30-18.40

RECREO

RECREO

RECREO

RECREO

RECREO

18.40-19.30

Ana

López

José Estévez

Ana

López

José Estévez

19.30-20.20

Ana

Lores

Euloxio Corbacho

Ana

López

Sancho García

Sancho

García

20.20-20.35

RECREO

RECREO

RECREO

RECREO

RECREO

20.35-21.25

PECHADA

PECHADA

PECHADA

PECHADA

PECHADA

21.25-22.15

PECHADA

PECHADA

PECHADA

PECHADA

PECHADA

22.15-23.05

PECHADA

PECHADA

PECHADA

PECHADA

PECHADA

 

O recreo, no horario tarde-noite, pode utilizarse tamén para préstamos e devolucións de libros preguntando en Xefatura por Aragón.

 

 

Sorry, the comment form is closed at this time.