O IES Chan do Monte comezou a súa andaina en 1980 como centro de Formación Profesional de Xestión Administrativa, Electricidade Industrial e Marítimo Pesqueira e, no seu segundo ano de existencia, como primeiro centro de Galicia no que se imparte a especialidade de Informática de Xestión.

A día de hoxe, imparte:

  • Ensinanza Secundaria Obrigatoria
  • Bacharelatos Tecnolóxico e de Humanidades e Ciencias Sociais
  • FP Básica:
    • Informática de Oficina
    • Mantemento de Videndas
  • Ciclos Formativos de Grado Medio:
    • Xestión Administrativa
    • Actividades Comerciais
    • Mantemento de Servizos á Produción de Frío e Calor
    • Sistemas Microinformáticos e Redes
  • Ciclos Formativos de Grado Superior:
    • Marketing e Publicidade
    • Administración de Sistemas Informáticos en Rede
    • Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma
  • Oferta Modular:
    • Ciclo medio de Sistemas Microinformáticos e Redes
    • Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web

Dispón de un total de 17 aulas; aula de música, aula de plástica, 3 laboratorios de física, química e bioloxía e xeoloxía; talleres de tecnoloxía da ESO, bacharelatos, ciclos formativos, etc.

Descrición do edificio e do seu contorno

O instituto aséntase na periferia do centro urbano do concello de Marín, apenas un quilómetro de distancia do centro da vila, na parroquia de Mogor, no lugar de Chan do Monte no barrio de San Xurxo a escasos metros da estrada de Marín a Bueu.

Está composto por varios espazos, cunha superficie de 6300 m2, dos cales 2000 m2 pertencen a edificacións e o resto pertence a zonas deportivas e axardinadas.

  • Edificio principal, con baixo e dous andares.
  • Ximnasio.
  • Taller de Tecnoloxía.
  • Taller de Hardware.
  • Taller de Instalacións Térmicas.
  • Taller de Instalacións Eléctricas.
  • Taller de Mecanizado.
  • Taller de Escaparatismo.
  • Dúas pistas polideportivas.
  • Zonas de aparcadoiro e xardíns.

O seu contorno é rural con zonas arboladas e a construcción da zona é básicamente, vivendas unifamiliares.

Parte traseira Lateral

Recursos

  • Portátiles individuais en Bacharelatos e Ciclos
  • Todas as aulas están conectadas en rede
  • Salón de actos modernizado
  • Canón reprodutor de vídeo por aula
  • Pizarra dixital nas aulas da ESO
  • Intranet con acceso individual
  • Biblioteca informatizada
  • Seccións bilingües de inglés
  • Titorías personalizadas
  • As novas tecnoloxías integradas en todos os aspectos educativos (Aula Virtual, Blogs, Web, acceso aos recursos informáticos dende calquera punto do centro, …)

Programas aos que estamos adscritos

  • Estadías en empresas de ámbito transaccional (FCT e prácticas complementarias)

Servizos

  • Servizo de transporte escolar gratis para os alumnos da ESO, tendo que contratar coa empresa o resto do alumnado ou utilizar medios propios.
  • Biblioteca, que conta cun profesor encargado de coordinar a súa administración e con un grupo de profesores colaboradores.
  • Conserxería, que conta con dous conserxes en horario de diúrno e un e horario de adultos.
  • Secretaría-Administración, que conta cun secretario e dúas auxiliares.
  • Páxina web, na que se atopa información relativa ó PEC e ó PCC, así como a oferta educativa cos prazos e norma de matrícula respectivos, entre outros Servizos.
  • Cafetería, con servizo de en horario de diúrno e adultos.

Estrutura organizativa

O cadro de persoal está formado polo profesorado adscrito ós departamentos didácticos, coidadora, persoal de administración, conserxes e limpadoras.

Órganos de goberno

Unipersoais: Director, vicedirector, xefe de estudos de diúrno, xefe de estudos de adultos, secretario e xefes de departamento, coordinador da FCT, coordinadora de formación e a coordinadora do Equipo de normalización lingüística.

Colexiados: O consello escolar, constituído por representantes de todos sectores que conforman a comunidade educativa do centro,e claustro de profesores.

Órganos de coordinación docente

  • Departamentos didácticos o fronte dos que hai un xefe responsable da coordinación didáctica.
  • Comisión de coordinación pedagóxica composta polos xefes de departamento, profesora de pedagoxía terapéutica, coordinadora de normalización lingüística, director e xefes de estudos.

Estrutura organizativa do alumnado

  • Delegados de grupo.
  • Xunta de Delegados de alumnos.

Titorías e Orientación

  • Gabinete de orientación.
  • Titorías, contando cada grupo de alumnos cun profesor titor con dedicación de unha hora semanal para atención de alumnos e outra para atención de pais.
  • Xuntas de avaliación, constituídas polos profesores do grupo, e na ESO, Bacharelato e FP Básica tamén pola orientadora, nos primeiros cursos da ESO tamén forma parte a profesora de pedagoxía terapéutica.

Comisións mixtas

  • Comisión económica, formada por un profesor, un pai, un alumno, o director e o secretario.
  • Comisión de disciplina, formada por un profesor, un alumno, un pai, os xefes de estudos o director.

Asociacións

  • ANPA, cun presidente o fronte e dous vocais.