CURSO DE MONTAXE E MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS FRIGORÍFICAS.

618 horas con 120 horas de prácticas en empresas. Próximo inicio.

ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE A PERSOAS DESEMPREGADAS MENORES DE 30 ANOS (AFD)

➢ Centro ofertante: IES CHAN DO MONTE. Información no teléfono 986883305.

➢ Denominación do curso: Montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas.

➢ Requisitos mínimos de acceso: Deberán cumprir algún dos seguintes requisitos:

a) Título da ESO ou equivalente.

b) Certificado de profesionalidade de nivel 2.

c) Certificado de profesionalidade de nivel 1 da  mesma familia e área profesional.

d) Cumprir o requisito de acceso aos ciclos  formativos de grao medio.

e) Ter superada a proba de acceso á  universidade para maiores de 25 anos.

f) Ter o certificado de apto en competencias  clave convocadas pola Consellería de  Traballo e Benestar.

➢ Outros requisitos: Poderán participar ata un 25% persoas traballadoras ocupadas.

➢ CERTIFICACIÓN AO FINALIZAR O CURSO:

➢ CERTIFICADO PROFESIONALIDADE DE NIVEL 2.

➢ CERTIFICADO PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS ( 60 HORAS ).

➢ CERTIFICADO MANIPULACIÓN GASES FLUORADOS DE CALQUERA CARGA.