Curso de Iniciación ó Xadrez

O xadrez e a súa elegancia están sempre presentes no ámbito cultural e artístico. Este deporte, xogo ou ciencia ten influenciado a moitos artistas nas súas creacións. Dende Afonso X, O Sabio, Cervantes ou Quevedo ata Nabokov, Cortazar en Rayuela ou Lewis Carroll na súa Alicia, a través do Espello, todos caeron no feitizo de Caissa.

Coñecer o xogo ábrenos a porta a unha nova linguaxe, a comprender mellor un cadro, una partida como a de Fischer e Spassky en Reykjavik en plena Guerra Fría, unha película como O Séptimo Selo ou mesmo o Teorema de Pitágoras.

E, por suposto, xa que o próximo venres día 30 de setembro celébrase o Día dos Traductores, agradezamos a Manuel Lobo poder desfrutar en galego a Novela de Xadrez, de Stefan Zweig, de lectura tan recomendable.

Seguro que existen moitos motivos máis polos que podería interesarte aprender a xogar ó xadrez. Atopa o teu e anótate!

Rosa María Villar Villamil

Coordinación do Equipo de Biblioteca