Conferencia sobre a ilustre figura de Isaac Díaz Pardo

No marco da proposta anual de celebrar a figura e a persoa de Isaac Díaz Pardo como empresario, artista, defensor da cultura alén dos mares e na súa terra, tivemos a sorte de contar con Loly Beloso, amiga, admiradora e defensora fiel de alguén que tanto o merece e que non ten recibido un recoñecemento a súa laboura en tantos eidos na xusta medida.

Grazas a ela o noso alumnado ven de coñecelo mellor e de coller o testigo na súa posta en valor.

Confiemos nas novas xeracións.

Rosa María Villar Villamil

Coordinadora do Equipo de Biblioteca