Conexión a internet a través de fibra no IES Chan do Monte

O Instituto de Ensino Secundario Chan do Monte de Marín conta desde hoxe con conexión a Internet de 40 Mbps de velocidade. Con este centro a provincia de Pontevedra conta xa con 55 dos 217 centros educativos aos que xa se lles facilitou o acceso a esta tecnoloxía no último ano, grazas ao Plan de Banda Larga da Xunta, que está a desenvolver a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

http://imit.xunta.es/portal/actualidade/novas/2013_11_19_plan_banda_larga.html