Concursos Literarios: “LITERARY COFFEE”

O Equipo de Biblioteca do IES Chan do Monte vai convocar unha serie de concursos literarios ao longo do curso. Hoxe, luns 2 de decembro, comeza o primeiro deles e ten como título “Literary coffee”. Pretende conseguir que os participantes descubran, a partir do nome do escritor ou da escritora e na maioría dos casos en relación co debuxo que vedes debaixo, o título dunha obra súa (en xeral, a máis famosa).

Haberá dúas formas de participar neste concurso:

1)     unha dixital, a través da páxina que ten a biblioteca do centro en Facebook co nome de Cando as pombas desapareceron. As bases aparecerán publicadas no muro do devandito perfil.

2)     outra física, depositando unha papeleta cos nomes dos títulos das obras e cos datos do alumno (nome, apelidos, curso e grupo).

As bases para as dúas modalidades son comúns:

–          Poderán participar alumnos e alumnas matriculados no IES Chan do Monte no presente curso académico (de todos os tipos de ensinanza: ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos)

–          A forma de participación dependerá da modalidade elixida:

a)     Participación dixital: Os concursantes deben enviar os títulos das obras e os seus datos (nome, apelidos, curso e grupo) como unha mensaxe privada ao perfil de Facebook “Cando as pombas desapareceron.

b)     Participación física: Os concursantes deben dirixirse á conserxería e depositar a papeleta cos títulos e os seus datos nunha caixa destinada a tal efecto.

–          O prazo para participar comezará o luns 2 de decembro e rematará o martes 17.

–          O xoves 19 realizarase un sorteo entre os participantes que escriban, polo menos, tres títulos diferentes de obras dos autores que aparecen mencionados no debuxo. O sorteo será na biblioteca e durante o recreo.

–          Entregaranse ese mesmo día 19 de decembro dous premios:

a)     un libro dalgún dos autores do “Literary coffee” para a persoa que resulte elixida no sorteo.

b)     outro libro (tamén deses autores) para o concursante que consiga descubrir o maior número de títulos.