Concursos Día de Defuntos

I CONCURSO DÍA DE DEFUNTOS: POESÍA

1. Poderán concursar tod@s @s alumn@s matriculad@s este curso no instituto Chan do Monte. Haberá dúas categorías:
a) Categoría 1ª: Alumnado de ESO, ESA e FPB.
b) Categoría 2ª: Alumnado de Bacheralato e Ciclos Formativos.
2. A persoa que concurse deberá entregar un ou dous poemas en galego, escritos a ordenador (ou a man con boa letra). O tema da composición será a morte (poden ser de carácter elexíaco, satírico…). A extensión do/s poema/s será de 10 versos como mínimo e de 25 como máximo.
3. O/s poema/s irá/n sen nome nun sobre pequeno no que se poñerá un título e a categoría na que se concursa. Este meterase dentro dun sobre grande no que se introducirá tamén un sobre pequeno cos datos persoais: nome d@alumn@ e curso no que está matriculad@. No sobre grande escribirase o seguinte asunto: I CONCURSO DÍA DE DEFUNTOS: POESÍA. Entregarase en Conserxería para que logo o recolla a coordinadora do EDLG.
4. A data límite para concursar será o mércores 4 de novembro de 2015.
5. O xurado estará composto polos membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e contará coa opinión do Equipo de Biblioteca. A decisión do xurado cos nomes dos gañadores ou gañadoras publicarase neste perfil de facebook o venres 6 de novembro (ou a semana seguinte, se non dese tempo).
6. Os premios serán os seguintes:
a) Para a categoría 1ª: O libro ‘Lendo lendas, digo versos’, de Antonio García Teijeiro (Autor)/Antonio Reigosa (Autor)/Xosé Cobas (Ilustrador) + un vale de 25 euros.
b) Para a categoría 2ª: O libro ‘Celebración’, de Gonzalo Hermo + un vale de 30 euros.

II CONCURSO DÍA DE DEFUNTOS: EPITAFIOS

1. Poderán participar alumn@s, nais/pais de alumn@s e profesores/profesoras do IES Chan do Monte. Só entrarán no sorteo para o premio @s alumn@s (matriculad@s este curso).
2. Trátase de compartir neste perfil de facebook (no apartado “comentar” d
o post) o epitafio dun/nha escritor/a fomos@s. O epitafio debe figurar primeiro na súa lingua orixinal (co nome do escritor/a) e logo a tradución ao galego ou ao castelán.
3. Temos ata o día 2 de novembro, Día de Defuntos, para compartir os epitafios.
4. O/a gañador/a deste concurso será @ alumn@ que resulte elixid@ no sorteo que se realizará o mércores 4 durante o recreo na biblioteca do instituto.
5. O premio será o libro ‘Tres mujeres’, de Sylvia Plath (con ilustracións de Anuska Allepuz), publicado pola editorial Nórdica Libros.