Concurso-sorteo de fotografía

O Equipo de Biblioteca do IES Chan do Monte (Marín) convoca o seu segundo concurso-sorteo.

A idea xurdiu a partir dunha foto que publicou no seu facebook unha das nosas escritoras favoritas, Sofi Oksanen. Trátase de fotografar un andel onde aparezan libros que vos gustan acompañados dun pequeno obxecto que sexa especial para vós. Sería unha variante das famosas “bookshelfies” (facer fotos dun mesmo cunha libraría detrás).

Mais info no facebook da biblioteca.

1486161_562697630475843_227870941_o