Concurso de Fotografía Dixital

A Biblioteca do IES Chan do Monte, Laboratorio de Bens Inmateriais, convoca un concurso de Fotografía Dixital titulado

Imaxina teu libro”

Imaxina teu libro” é un concurso de fotografía dixital cuxo obxectivo é promover a lectura a través do mundo da imaxe. O concurso consiste en crear un Bookface, unha imaxe orixinal, facendo coincidir unha parte do corpo, como a cara ou as mans, ou incluso un fragmento da indumentaria, coa portada dun libro, disco ou DVD, logrando un efecto simpático, orixinal, que pode lograrse xogando coas cores, as proporcións ou a luz para conseguir o efecto de encaixar a realidade co libro.

BASES

  1. A participación no concurso realizarase a través da biblioteca. As fotografías deberán ser entregadas a través do correo electrónico ou na propia biblioteca do IES Chan do Monte en sobre pechado, baixo pseudónimo, acompañadas no interior dun sobre pequeño cerrado cos seguintes datos:
  • Título da fotografía
  • Nome do autor da fotografía
  • Fecha de nacemento
  • Dirección de email
  • Número de teléfono

No caso de que nas fotos apareceran persoas recoñecibles deberase incluir a información desas persoas (nome, número de teléfono e dirección de correo, indicando a súa conformidade para ser fotografiado e exhibido). Os menores de 18 anos deberán incluir o nome da nai, pai ou titor co seu número de teléfono, dirección postal y dirección de correo electrónico.

  1. Poderá participar calquer alumno do centro.
  2. Existen tres categorías: A. Alumnado da ESO e FP Básica B. Alumnado de Bacharelato e Ciclos. C. Profesorado, familias e persoal non docente.
  3. Cada participante poderá presentar un máximo de tres fotografías, debendo enviarse cada fotografía a concurso nun archivo independente, cuxo nome coincida co título da foto, se a entrega se fai a través do correo electrónico.
  4. As fotografías deberán ser orixinais.
  5. As fotografías no poderán conter imágenes discriminatorias, obscenas ou violentas.
  6. A data límite para entregar as fotos será o día 15 de Xaneiro de 2021.
  7. As fotografías premiadas recibirán un premio por categoría, consistente nun lote libros.
  8. O Xurado estará formado por catro membros do equipo de Biblioteca e a coordinadora.
  9. A entrega de premios terá lugar o día 22 de Xaneiro de 2021 nun acto amenizado coa lectura dun fragmento das obras utilizadas polos concursantes gañadores.
  10. A biblioteca exhibirá todas as creacións presentadas en Instagram, na páxina web do centro e no seu Facebook, onde por votación popular otorgarase un premio especial, un regalo sorpresa a entregar no mesmo acto que os premos do xurado.
  11. Todas as fotos serán expostas no centro, subidas a páxina web, Facebook e Instagram, so co criterio de difusión e divulgación cultural.
  12. A participación neste concurso supón a aceptación das bases.
  13. A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nas bases.

Rosa María Villar Villamil

Coordinadora do Equipo de Biblioteca