Comunicación do centro coa comunidade educativa a través de Abalar Web ou Abalar Móbil

Comunicamos que o medio de comunicación do profesorado e o centro cos pais/nais e o alumnado durante o tempo que dure a suspensión das actividades lectivas será a través das plataformas de formación que indique cada profesor e o Abalar Web ou Abalar Móbil.

É por iso que pregamos que todo o alumnado ou responsables do alumnado se dean de alta no Abalar Web ou no Abalar Móbil.

O alumnado maior de idade ou pais/nais que aínda non estean dados de alta nesta plataforma da Consellería de Educación que o fagan canto antes.

Moitas grazas.

Equipo Directivo
IES Chan do Monte