Como na casa, en ningures!!

No better place than home!

Resultado de imagen de coronavirus luis davila

Estes días quedar na casa é un acto de responsibilidade e civismo, cualidades que estamos a mostrar todos: pais, profesores e alumnos. E dende as nosas casas seguimos en contacto, xuntos, compartindo.

Ahí van máis ideas para seguir vivos, esperanzados e sans en tódolos sentidos.

1. Plan teatral: Teatroteca y Teatro Kamikaze

En plena era da tecnoloxía, ata ó teatro podemos ir de xeito dixital reservando a mellor butaca, que non vai ser outra ca do noso salón. Máis cómodo imposible! Grazas a plataforma online Teatroteca do INAEM poderemos ver ós clásicos, comedia española actual, teatro para xóvenes; dende La vida es sueño, Romeo y Julieta, La venganza de Don Mendo, Don Juan Tenorio, Tres sombreros de copa…ata La soledad del paseador de perros.

http://teatroteca.teatro.es/opac/#indice

Seguindo co teatro, o Pavón Teatro Kamikaze acaba de presentar una ampla oferta casera, con lecturas, vídeos de charlas sobre as súas obras ou una playlist con temas que inspiraron as súas montaxes.

https://teatrokamikaze.com/kamikaze-en-casa-lecturas-y-contenidos/

2. Cine

Xa que nestes días o que máis e o que menos está a facer prácticas na cociña, e tendo en conta que o cine ten sido sempre un valioso aliado da gastronomía, a miña suxestión de hoxe é explorar algunhas películas gastronómicas coas que darnos un bo banquete na casa. Controlade o apetito.

“Unha pastelería en Tokio”

Resultado de imagen de una pastelería en Tpkio

Seguramente unha das películas máis delicadas que se teñen rodado xamáis a conto do mundo da cociña. Todo empeza cun pasteleiro que, agobiado polas deudas e sen máis ideas que as que circulan por ahí, contrata a unha anciana despois de probar unha das súas receitas. A fichaxe resulta ser algo semellante a un milagro, pero non só iso: a personalidad de Tokue (a anciana, papel inolvidable da actriz xaponesa Kirin Kiki) fai que o negocio enteiro cambie e que o pasteleiro –naturalmente– tamén. Un filme precioso, envolto en maxia. Despois de velo, haberá que tratar de facer un dos postres da película.

“El chef, receta de felicidad”

Resultado de imagen de el chef la receta de felicidad

Un filme de Daniel Cohen co xigantesco Jean Reno é difícil que decepcione e esta feel good movie ( término que usan en Hollywood para falar das películas capaces de facerte sentir ben) non o fai. Explicando as rifas entre dous cociñeiros que teñen versións completamente distintas do que debe ser un bo prato, El chef acaba por facer sorír. En resumo, unha comedia francesa de manual rebosante de bos sentimentos.

“Charlie y la fábrica de chocolate”

Resultado de imagen de charlie y la fabrica de chocolate

O conto clásico de Roald Dahl sobre un neno o que lle toca un premio moi especial que lle permite visitar a compañía chocolatera máis famosa do mundo. Alí, un paraíso para os amantes do cacao en todas as súas variantes, poderá coñecer ó lexendario Willy Wonka, Johnny Depp, muso de Tim Burton (director do film). Unha película deliciosa, coa que poder recordar o olor a chocolate de tódalas mañás no noso centro …. Por suposto, non haberá que decilo, pero vela sen un chocolate na man é un delito.

Podedes ir engadindo títulos á pequena lista: ‘Julie & Julia’, ‘Quizás para siempre’, ‘Como agua para chocolate’ ……

Desfrutade das suxestións. Mañá seguimos dende a casa con clubes de lectura virtuais! Unha aperta a tod@s!

Rosa María Villar Villamil