Clubes de Lectura e Novidades Literarias na Biblioteca

Novas adquisicións de literatura xuvenil

No noso instituto, o IES Chan do Monte, temos dende fai uns anos dous clubes de lectura, Labirinto de Mogor I e II. Un club de lectura é un grupo de persoas que leen ó mesmo tempo un libro. Cada un o fai na súa casa, pero unha vez o mes, nun día e a unha hora fixos, reúnense todos para comentar a lectura compartida. Combínanse pois a lectura persoal e íntima coa posibilidade de compartir a experiencia con outras persoas, o cal fai que a impresión inicial que cada un de nós saca lendo en solitario se vexa enriquecida polo grupo. Incluso contamos en ocasións coa presencia do autor ou autora co que podemos charlar sobre o seu traballo e o propio proceso creativo.

Unha das principais virtudes dos clubes de lectura é que non so nos animan a ler máis, senón que nos abren os ollos ao amplísimo mundo da cultura. As actividades culturais que organizamos inclúen encontros con autores, visionado de películas relacioadas cos libros e roteiros literarios, sempre seguindo as normas que estén en vigor.

A próxima semana arranca a nosa andadura deste ano. Para inscribiros nos clubes podedes falar co voso titor ou directamente coa coordinadora da biblioteca. Para desfrutar das novas adquisicións non tedes máis que vir facer o voso carnet de lector.

Gústanos veros aquí!

Rosa María Villar Villamil