Club de Lectura: La Trenza

La trenza de Laetitia Colombani foi a primeira obra elixida para o noso alumnado lector de 3º e 4º dá ESO. 
Durante a sesión do club de lectura, o alumnado conversou sobre diferentes temas transversais relacionados coa igualdade real e efectiva e os estereotipos de xénero. 
A modernidade e a libertade a ela asociada foron tamén relacionadas durante a interpretación individual desta novela. Somos actualmente máis libres? A sociedade occidental actual fainos ser mulleres e homes máis libres? Como inflúen en nós os estereotipos de xénero?
Os temas que foron saíndo durante a sesión son o reflexo do carácter plurisignificativo que posúen os textos literarios. O noso alumnado lector, que nalgún caso decidiu ler a obra en língua inglesa, falou sobre a vida destas tres mulleres e empatizou coas súas vivencias, revisitando os seus diferentes espazos, sociedades e culturas, tan dispares e tan iguais.
A obra de Colombani permitiu realizar unha verdadeira reflexión metaliteraria, onde o alumnado do club de lectura do IES Chan do Monte trenzou, desta volta, a vida das mulleres e diferentes xeografías literarias.

Debuxos: Juan Pastor Gómez

Vídeo: Elva Boullosa Moure

Texto: Miguel Ángel Pousada Cruz

Equipo de Biblioteca–Club de Lectura 2020-21