Chess Soul, gañador do III Certame de Banda Deseñada

Parabéns o noso alumno Rubén Piñeiro Fernández, quen por terceiro ano consecutivo ven de gañar o certame. Nesta ocasión o fai cun traballo que pon en valor o esforzo persoal, a confianza nun mesmo, contextualizado nunha partida de xadrez. Deporte de renovada actualidade grazas a series televisivas e propostas literarias, no que poñemos en xogo a memoria, a reflexión e o silencio, e que nos leva o autocoñecemento, xa que o opoñente non é só o que temos enfrente, senón nós mesmos.

Dende o Cantar de Roland, Lope de Vega en Fuente ovejuna, Nabokov ou Perez-Reverte en La Tabla de Flandes ata Gambito de Dama, pasando por The Franklin’s Tale, un dos 24 Contos de Canterbury, escritos por Geoffrey Chaucer no século XIV, a presenza do deporte que exercita o cerebro é unha constante. No Conto de Chaucer, o axedrez representa o desfrute e a xenerosidade nas relacións humanas e serve de metáfora dun mundo no que é posible a igualdade de xénero, co que conecta Rubén perfectamente na súa elección de persoaxes.

A entrega do premio farase o luns 29 na Biblioteca.

Novela de Ajedrez Portada

“ No saben que la mano señalada

del jugador gobierna su destino,

no saben que un rigor adamantino

sujeta su albedrío y su jornada.

También el jugador es prisionero

de otro tablero

de negras noches y de blancos días.

Borges

Rosa María Villar Villamil

Coordinadora do Equipo de Biblioteca