Cemiterio crítico

O cemiterio crítico centrouse este ano na denuncia da degradación mediambiental.Os epitafios das lápidas puxeron a proba a capacidade crítica dos nosos alumnos. Este estraño cemiterio deu sepultura aos nosos mares, bosques…e mesmo unha inscrición rezaba que alí xacía o planeta Terra. Unha triste necrolóxica reflictía tamén o sinistro agoiro da súa morte.