Calendario de Actividades de Biblioteca en Febreiro

Comeza febreiro. Devezamos por seguir a descobrir a presenza da muller na ciencia e o faremos cunha exposición que combina imaxe, literatura e actividades. Non é casualidade que nó mes da Ciencia se celebre tamén o amor, necesítase moito para traballar polo ben da humanidade e desfrutalo. Todos levamos no corazón o mellor de nos, o que en realidade somos. Grazas ó concurso Que levas nó corazón? compartiremos eses amores, pasións, ilusións, metas, dun xeito creativo, cada quen como mellor o saiba expresar. Unha desas pasións compartidas é a lectura, que nos acompañará este mes nos clubes de lectura cunhas obras que nos farán reflexionar: Un Hijo, de Alejandro Palomas, e La Madre de Frankenstein, de Almudena Grandes. Ilusionádevos polo coñecemento.

Rosa Mª Villar Villamil