Biblioteca escolar, última xeración

Co lema Biblioteca escolar, última xeración aparece o cartaz de Bibliotecas Escolares de Galicia deste curso.A ilustración é obra da artista galega Emma Ríos. Nel ofrécese unha imaxe moderna e dinámica da biblioteca, onde a lectura, en diferentes soportes, segue sendo a protagonista. ( Máis información sobre a ilustradora en Emma Ríos, no Consello de Cultura Galega)