Axudas FCT

Orde do 13 de maio de 2014, pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo (DOG do 19 de maio)

Novidades desta convocatoria

NON terá dereito á axuda o alumnado que realice a FCT no concello do centro educativo ou no concello de residencia durante a FCT.

Modalidade B. O alumnado que realice a FCT fóra do territorio español e teña concedida ou solicitada calquera outra axuda para a mesma finalidade deberá indicalo obrigatoriamente na solicitude aos efectos do cálculo do importe correspondente.

O alumnado que realice a FCT fóra do territorio español e teña concedida unha axuda Leonardo non terá dereito á axuda polas xornadas realizadas fóra do Estado español.

2. Modalidade A. O alumnado percibirá:

Ata un máximo de 186 euros cando se cumpran as seguintes condicións.

  • O concello do centro de traballo non sexa o mesmo que o concello do centro educativo.

  • O concello do centro de traballo non sexa o mesmo que o concello do domicilio de residencia do/a alumno/a durante o período de realización da FCT.

A contía de cada alumno ou alumna determinarase en función do número de xornadas realizadas.

Non terá dereito á axuda o alumnado que realice a FCT no concello do centro educativo ou no concello de residencia durante a FCT.